viernes, 19 de junio de 2009

Memoria del curso 2008-2009

- Participación na Asamblea de Galicia da rede solidaria celebrada o día 25 de outubro no instituto de Elviña da Coruña, os alumnos participaron nos diferentes talleres ó longo do día e presentaron as súas propostas para o presente curso escolar.


- O día 30 de outubro, comezaron as visitas ó fogar de Sta Lucía para mulleres sen teito, como tódolos anos, visitas que para o presente curso, serán habituais para os alumnos, cada quince días, participaron alumnos de 1º de bacharelato e alumnos que xa está na universidade: un total de 10 alumnos.

- O día 6 de novembro os alumnos do Instituto, Enrique Barbeito e Marta Ferreiro de 1º de bacharelato, acudiron a Madrid en compañía do profesor de relixión Francisco Cotelo, para presntar as conclusións da Semana Mundial da Educación (SAME), a Secretaria de Estado para a Cooperación Exterior, Soraya Sánchez, no Ministerio de Asuntos Exteriores. Os alumnos fixeron a apertura do acto, analizaron a situación da educación no mundo e os obxectivos acadados nesta materia, a situación de exclusión que viven moitas mulleres e nenas, de non poder acceder a este dereito fundamental da persoa.

- Organizouse coma tódolos anos no mes de decembro, a Operación Kilo, na semana anterior ás vacacións do Nadal, os alumnos do centro foron deixando alimentos non perecedeiro na entrada do instituto e foron levados o día das vacacións ó Refuxio. A campaña como nos cursos anteriores foi un éxito en canto recollida de alimentos, como de roupa (calcetíns principalmente)

- No mes de marzo, o día 24 martes ás 6 da tarde, organizouse cos alumnos de 1º e 2º de bacharelato un partido de fútbol con membros do colectivo de acollida de inmigrantes Equus Zebra. O partido tivo lugar no patio do instituto e quedouse de volver repetir a experiencia con relativa frecuencia.


- O día 22 de maio os alumnos de 1º e 3º da Eso de relixión e de alternativa , conxuntamente participaron como no ano anterior na II MARCHA SOLIDARIA DE EQUUS ZEBRA, con outrros colexios e institutos da cidade, a marcha partiu da torre de Herculés e finalizou dous hors despois na explanada de Riazor, onde leeuse o manifiesto, e instalouse unha carpa con información de distintas Ongs. Participaron o rededor de 100 alumnos , que colaboraron buscando padriños para cada kilómetro, para financiar un proxecrto de desenrrollo da citada Ong en Senegal. Recaudáronse 225 €, que se destinarán a un comedor infantil en Camerún.



No hay comentarios: