Nadal 2011 Decálogo para regalar:
- Prepara o teu regalo. Elíxeo con tino. Envólveo con mimo. Entrégao con cariño. O regalo é algo de ti, non solo algo teu.
- Regala algo non comprado. Prefire algo feito por ti a algo comprado.
- Regala palabras persoais. Palabras do teu corazón, ou dun autor que admiras.
- Regala algo simbólico. Busca algo significativo que fale de ti e daquel a quen llo regalas, segundo a idea que tes del, ou o que esperas ou pensas ou como ves.
- Regala algo que non sirva nada mais que para eso: de regalo
- Regala a túa presencia. Faite presente a alguén a quen queres ou que o necesita. Regala presencia sen ser unha carga.
- Regálate a ti mesmo. Quérete un pouco e regálate eso detrás do que andas hai tempo.
- Regálate tempo. Que a presa e o alboroto non poidan contigo.
- Déixate regalar. Recibe os regalos como un don e se agradecido. Non fai falta nada a cambio. Unha palabra, un sorriso, un xesto bastan.
- Non pretendas comprar a ninguén con regalos. Da sen esperar nada a cambio. Regala, non compres.