viernes, 16 de diciembre de 2011

NADAL 2011


Nadal 2011 Decálogo para regalar:
  • Prepara o teu regalo. Elíxeo con tino. Envólveo con mimo. Entrégao con cariño. O regalo é algo de ti, non solo algo teu.
  • Regala algo non comprado. Prefire algo feito por ti a algo comprado.
  • Regala palabras persoais. Palabras do teu corazón, ou dun autor que admiras.
  • Regala algo simbólico. Busca algo significativo que fale de ti e daquel a quen llo regalas, segundo a idea que tes del, ou o que esperas ou pensas ou como ves.
  • Regala algo que non sirva nada mais que para eso: de regalo
  • Regala a túa presencia. Faite presente a alguén a quen queres ou que o necesita. Regala presencia sen ser unha carga.
  • Regálate a ti mesmo. Quérete un pouco e regálate eso detrás do que andas hai tempo.
  • Regálate tempo. Que a presa e o alboroto non poidan contigo.
  • Déixate regalar. Recibe os regalos como un don e se agradecido. Non fai falta nada a cambio. Unha palabra, un sorriso, un xesto bastan.
  • Non pretendas comprar a ninguén con regalos. Da sen esperar nada a cambio. Regala, non compres.
¡ BO NADAL E FELICES FESTAS !

No hay comentarios: